R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

07/05/2017 | News release | Distributed by Public on 07/05/2017 05:25

Sons tradicionais en xullo en Tolemias

A música non entende de fronteiras. Tolemias tráenos en xullo sons tradicionais de Galicia e tamén de Irlanda.

Anxo Lorenzo

Anxo Lorenzo é un galardoado e virtuoso gaiteiro galego que ten viaxado extensamente por todo o circuíto dos festivais máis importantes de Europa. A súa extremadamente alta octanaxe e as súas actuacións fascinantes deixaron ao público en euforia e convertérono nunha referencia. Foi condecorado con premios en festivais, coma o prestixioso Folkherbst. Chega ata o Teatro da Benificencia de Ortigueira para amosarnos o incrible nivel de execución dun mestre da gaita enriba dun escenario.

Óscar Ibáñez

É Especialista Universitario en Música Tradicional Galega, Especialista Universitario en Arquivística e posúe o título de Grao Profesional LOE na especialidade de gaita de fol galega. Tamén cursou estudos oficiais de frauta. Óscar Ibáñez é un mestre e adícase a xuntarse con virtuosos músicos tradicionais que comparten esa capacidade maior de interpretar a música cunha tecnica incriblemente natural. O concerto no Teatro Principal de Ourense, no que pasaron polo escenario case 200 artistas, foi toda unha festa de cor e música.

Treacherous Orchestra

A historia da Treacherous Orchestra (a Orquestra dos Traidores) é un conto que abrangue ao longo e ancho de Escocia. Unha forza colectiva non definible fusionando persoas, conceptos, estilos e influencias, dando forma a un supergrupo musical que desafía a descrición. A esencia da banda son as historias dos propios membros, todos saen do seu propio hábitat musical e engaden a súa propia identidade distintiva. A banda está composta por músicos experimentados que xa están a percorrer camiños notables e alcanzan o recoñecemento internacional con outras bandas como intérpretes, arranxistas e compositores.

Kan

Brian Finnegan e Aidan O'Rourke, os homes á fronte das dúas bandas probablemente máis reverenciadas na escena folk, Flook e Lau, uniron as súas forzas con dous dos máis brillantes artistas do mundo do ritmo e o acompañamento para realizar un retador e innovador proxecto musical. O resultado é un estilo chispeante, o equilibrio perfecto entre graza e enerxía. 'Sleeper' é o álbum de estrea de Kan.

Moxie

Cando 5 músicos irlandeses novos hibernan durante 2 semanas para explorar a súa música, descobren un mundo sempre cambiante cos movementos rítmicos e sons da costa oeste de Irlanda. Isto é o que consegue Moxie, un grupo que está a inspirar ao público cunha nova gama de cores da música irlandesa do século XXI. A súa música ten un esqueleto sólido tradicional. Ao mesmo tempo, a banda preocúpase de mesturar nun programa impactante as súas propias composicións e melodías cun novo e contundente 'ambiente esmeralda'.

Subscríbete a Tolemias por 1,10€/mes (IVE incluído).