Results

Ayuntamiento de Ourense

02/16/2017 | News release | Distributed by Public on 02/16/2017 13:39

A Comisión Municipal de seguimento á integración do AVE aposta pola unidade para a vixiancia activa dos intereses da cidade

A Comisión Municipal de impulso e seguimento do proxecto da integración urbana do AVE na cidade de Ourense aposta pola unidade para que este órgano sirva de vixiancia activa dos intereses da cidade con respecto á oportunidade única que supón esta inversión

O alcalde, Jesús Vázquez, desgranou todos os datos ofrecidos na pasada reunión de Madrid, onde se cuantificou en máis de 150 millóns de euros o custe estimado de toda a actuación incluida na primeira fase (estación de tren, pasarela de comunicación entre ambos barrios, estación de autobuses e aparcadoiro de 300 prazas, cubrición parcial das vías e novo sistema electrónico de control ferroviaria)

Tamén se explicou pormenorizadamente que este proxecto, a efectos urbanísticos, se garantizaría a tramitación de xeito integrado mediante o procedemento da Lei 3/2016 de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese, co fin de axilizar trámites con total seguridade xurídica e establecer a correspondente ordenación urbanística, que se trasladaría posteriormente ao novo planeamento en trámite

Participantes

O Centro Cívico Colón acolleu a primeira sesión da Comisión Municipal de impulso e seguimento do proxecto da integración urbana do AVE na cidade de Ourense, convocada polo alcalde, Jesús Vázquez, e que reuniu aos representantes dos grupos políticos con representación municipal (Manuel Álvarez por DO, José Ángel Vázquez Barquero por PSOE, Martiño Vázquez por OueC, José Araújo e José Cudeiro polo PP); presidentes das federacións veciñais Limiar e Miño, Manuel Carnero e José Manuel García; presidente da Asociación de Constructores, Eligio Nieto; representantes dos colexios oficiais de Economistas, Arquitectos, Enxeñeiros de Obras Públicas e Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos (Guillermo Díez, Xan Rodríguez, Luis Fernández e Juan José Vázquez, respectivamente), así como aos presidentes da Confederación de Empresarios e da Cámara de Comercio, José Manuel Pérez Canal e Juan Carlos Parada, respectivamente.

A devandita comisión, que transcorreu de xeito cordial e constructivo, aposta pola unidade para que este órgano sirva de vixiancia activa dos intereses da cidade con respecto á oportunidade única que supón esta inversión para o futuro de Ourense.

Reunión da Comisión de Seguimiento do Convenio Marco

Nesta reunión, Jesús Vázquez explicou os contidos da reunión da Comisión de Seguimento do Convenio Marco para o desenvolvemento da futura estación intermodal e o seu entorno urbano, que tivo lugar en Madrid este luns. Naquel encontro abordáronse cuestións relativas a:

  • Os estudios e actuacións derivadas do convenio marco e, en particular, dos proxectos e anteproxectos das actuacións previstas, tanto da nova estación intermodal de Norman Foster (así como do seu aparcadoiro), como a conexión peonil e viaria dos barrios da Ponte e o Vinteún.
  • O estado de tramitación e contido dos proxectos constructivos e o seu posible prazo de inicio, tratando de axustar ao máximo a coordinación necesaria para a realización dos proxectos, así como a execución das obras.

Así, a conselleira informou da aprobación do proxecto constructivo da estación de autobuses e do aparcadoiro subterráneo. Igualmente, a titular autonómica de Infraestruturas trasladou a proposta de que todo o proxecto da estación intermodal (estación de trens, de buses, aparcadoiro, cubrición de vías e conexión de circulación entre os barrios da Ponte e do Vinteún) a efectos urbanísticos se tramitaría de xeito integrado mediante o procedemento da Lei 3/2016 de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese, co fin de axilizar trámites e establecer a correspondente ordenación urbanística, que se trasladará posteriormente ao novo planeamento en trámite.

En paralelo, o Ministerio de Fomento e Adif teñen previsto concluir no próximo mes de maio-xuño o proxecto da estación de Norman Foster, co fin de someter o proxecto a evaluación ambiental e posteriormente licitar a obra.

Tamén se puxo de manifesto que durante o presente ano, a Xunta e Adif asinarán un novo convenio sobre a liberalización do espazo ferroviario correspondentes ás actuais vías 1 e 3, terreos de ubicación da estación de autobuses e aparcadoiro soterrado, que permita á Xunta o inicio das obras e a colaboración financieira de Adif na construcción do aparcadoiro (33% do custe).

Na reunión de Madrid, e así se trasladou na de Ourense, asegurouse que ambas actuacións integradas da Xunta e do Ministerio prevese que estén executadas durante o 2018-2019. Así, o custe estimado de toda a actuación incluida na primeira fase (estación de tren, pasarela de comunicación entre ambos barrios, estación de autobuses e aparcadoiro de 300 prazas, cubrición parcial das vías e novo sistema electrónico de control ferroviaria) calcúlase nuns 150 millóns de euros.

Negociación e Variante Exterior

Jesús Vázquez comprometeuse a manter o contacto coa Comisión toda vez que se vaia actualizando a información con respecto a este proxecto e puxo en valor que 'Ourense foi unha cidade que levou a cabo unha negociación en positivo. E nese camiño seguiremos traballando'.

Asemade, o rexedor ourensán calificou a Variante Exterior como 'un tramo do AVE absolutamente irrenunciable'. De feito, avanzou que dos 590 millóns de euros nos que se estima a súa inversión (sen contar expropiacións), o tramo Taboadela-Seixalbo (9,2 km), tería un custe de 215 millóns, mentres que os 7,8 km restantes (tramo Seixalbo-Estación de Ourense) sería de 375 millóns de euros.