Results

R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

07/03/2017 | News release | Distributed by Public on 07/03/2017 05:05

National Geographic Channel, nova canle en aberto

A partir do luns 3 de xullo, National Geographic Channel (dial 50) tómalle a substitución a COSMO (dial 25) e emitirase en aberto para os clientes con tv series, tv ocio e para aqueles que teñan un televisor DVB-C (con sinal de cable).

Poderás desfrutar dos contidos que ofrece National Geographic de forma promocional durante o próximo mes. Unha vez finalizado este período, seguirás desfrutando desta canle se contratas as novas opcións tv festa e tv festa rachada.

Nat Geo Channel é unha canle dedicada a documentais de temática diversa tales como ciencia, historia, natureza, cultura… Entre os seus contidos podemos destacar programas como 'Ciencia para aficionados', 'Brain Games' ou 'Megafactorías'. En xullo, a canle estrea 'Naturaleza en directo' e emite un especial de programación titulado 'Misterios de las profundidades' que inclúe a estrea de 'Los secretos de la ciudad pirat', un documental sobre Port Royal.

E lembra que National Geographic tamén está dispoñible en rebobina.