Results

R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

04/24/2019 | News release | Distributed by Public on 04/24/2019 09:07

Firma en tenda dos xogadores do Club Ourense Baloncesto

Ola. Como sabes, en Rgústanos inplicarnos no deporte galego, apoiando os equipos que tes cerca.

Para que desfrutes dos teus deportistas favoritos, o martes 30 de abril, ás 17:30 h, os xogadores do COB estarán firmando autógrafos a todos os seareiros que queiran saudalos e charlar con eles tranquilamente.

Hora e lugar

Toma nota, porque a firma será na tenda Rda rúa Bedolla, 14, en Ourense.

Se pasas por alí, poderás sacarte fotos cos teus xogadores favoritos, falar con eles, e levar un recordo deste día tan especial. Esperámoste! Os primeiros en chegar, ademais, levarán unha sorpresiña

Que xogadores firmarán?

Seguro que te estás a preguntar que xogadores estarán na nosa tenda. Pois ben, teremos a dúas das figuras do Club Ourense Baloncesto:

  • Davis Rozitis
  • Jhornan Zamora

Non perdas esta ocasión única de coñecer aos teus xogadores favoritos. E se es dos primeiros, seguro que hai unha sorpresa para ti

Un saúdo!