Ayuntamiento de Ourense

01/08/2019 | News release | Distributed by Public on 01/08/2019 12:38

O ciclo Enclave de Cámara inicia 2019 co quinteto Resonans

A obra romántica de Schumann e o tango de Piazzolla interpretado a catro cordas con bandoneón, a proposta musical do Enclave de Cámara para este mes de xaneiro.

Resonans nace pola conxunción de cinco músicos que pretenden difundir repertorio novo e descoñecido de cuarteto de cordas e bandoneón á vez que renden unha homenaxe ao repertorio dos grandes mestres compositores de quinteto con piano.

As interpretacións destes cinco virtuosos dan nova vida a obras coñecidas do repertorio clásico. No seu recital en Ourense adicarán unha primeira parte ao piano e a catro movementos dunha obra de Schumann na que destaca a intensidade temática romántica e unha segunda parte -xa sen o piano- na que o bandoneón e o tango de Astor Piazzolla toman a palabra. De feito, a historia e obra de Piazzolla está fortemente vencellada a este instrumento de orixe popular alemá pero que se desenvolveu musicalmente no mundo do tango en Bos Aires e Montevideo.

Os membros de Resonans son músicos que contan cunha variada traxectoria, tanto nos ámbitos da música de cámara e orquestra, coma no solístico, cunha carreira consolidada a nivel internacional. Vencellados con distintas orquestras como L'Orchestre de l'Opere nacional de París, Orquestra Nacional de Francia, Pelleas Orchestre de Chambre, Bandar, Cadaquès, Orquestra Sinfónica de Galicia, de San Sebastián, Nacional de Arxentina, Verbier Chamber Orchestra, etc. actualmente son titulares da Orquestra Nacional de España e da Orquestra Sinfónica de Madrid.

Integrantes Quinteto Resonans

Ane Matxaín Galdós, violín | Virginia G. Leonhardt, violín | Laure Gaudron, viola

Gregor Lacour, violonchelo | Claudio Constantini, piano e bandoneónVole o Enclavew

PROGRAMA DO CONCERTO

I PARTE _ Piano e cuarteto de cordas

Robert Schumann (1818-1856)

Quinteto para piano e cuarteto de cordas op. 44 en Mi b maior

Allegro brillante
In modo d'una marcia. Un poco largamente
Scherzo: Molto vivace
Allegro ma non troppo

II PARTE _ Bandoneón e cuarteto de cordas

Astor Piazzolla (1921-1992)

Adiós Nonino (10')

Las cuatro estaciones porteñas (arranxo para bandoneón e cordas) (22')

Otoño porteño
Invierno porteño
Primavera porteña
Verano porteña

Entradas online á venda en www.ataquilla.com e no despacho de billetes do teatro dende dúas horas antes do espectáculo.

O Enclave de Cámara está organizado polo Concello de Ourense e conta coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense, do Teatro Principal e da Corporación Radio e Televisión de Galicia.