R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

12/01/2017 | News release | Distributed by Public on 12/01/2017 01:26

XTRM, canle en aberto en decembro

A partir do venres 1 de decembro, XTRM (dial 6) emitirase en aberto para os clientes de televisión R.

Durante o próximo mes, desfrutarás de forma promocional de todos os contidos que ofrece XTRM se tes tv ocio, tv festa, tv familia ou tv series. Terminado ese período, poderás seguir desfrutando desta canle se contratas a nova opción tv festa rachada ou a opción cine. Iso si, lembrámosche que para contratar a opción cine, será necesario que teñas algunha das novas opcións de televisión: tv ocio ou tv festa.

A canle con máis acción

XTRM é unha canle de televisión especializado en películas e series de acción, thriller e ciencia ficción; puro entretemento pensado para os seguidores das emocións fortes.

En decembro, a canle despídese dunha das series emblemáticas da canle, 'Teen Wolf'. En canto ao cine, ten preparado un ciclo no que as mulleres cobran protagonismo. Quen se atreve a afirmar que as mulleres non poden ser grandes iconas da acción? Ademais, non faltan en decembro clásicos do xénero como Steven Seagal, Van Damme, Jet Li ou Jackie Chan.