R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

10/31/2018 | News release | Distributed by Public on 10/31/2018 04:03

nativos R en Cee: consellos para titores como usan os nenos as novas tecnoloxías

Como nai, avó, titora ou padriño dun neno, de seguro que máis dunha vez te preguntaches se estará demasiado tempo no ordenador ou se ao entrar nas redes sociais o expoñemos a algún perigo. Por iso organizamos os charlas informativas gratuítas dirixidas á xeración que non naceu na era dixital: nativos R.

Do que se trata é de coñecer cando se fai un bo uso de internet, das redes sociais e dos móbiles. Estará impartida por expertos que darán as claves sobre como e canto usar as novas tecnoloxías.

Cee, 9 de novembro

A próxima visita de nativos R será na localidade de Cee. En concreto, a charla realizarase o venres, 9 de novembro, ás 18:00 h na sala de conferencia da Casa da Cultura.

Pode apuntarse calquera que o desexe, xa que a asistencia é libre e gratuíta. Simplemente hai que recoller as invitacións na tenda Rdo concello, na rúa Lino Rodríguez Madero (teléfono 981.745.311).

Un saúdo!