Results

R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

11/28/2017 | News release | Distributed by Public on 11/28/2017 03:56

Xigas e máis xigas gratis nas tarifas de móbilR

Ola. En ocasións o tempo corre tan de présa que mete medo. Xa dicía John Lennon que 'a vida é aquilo que che vai sucedendo mentres estás ocupado facendo outros plans'. Pois ben, hoxe o noso plan é agradecerche enormemente a túa confianza. E non con palabras bonitas, senón con feitos.

Grazas pola túa confianza en R. Grazas por confiar nun pequeno operador galego que, como din as avoas, se Deus quere no 2018 fará dúas décadas dando servizo, xerando emprego e creando riqueza en Galicia. Sen dúbida, non seríamos nada sen ti.

Por iso, o 22 de decembro queremos dar un salto no noso servizo, mellorando moito as nosas tarifas móbiles. E sen tocar prezo. É algo que che debemos, polo que queremos informarte de primeira man deste detalle, co que buscamos adiantar o Nadal.

Aumentamos ata un 150% algunhas das nosas tarifas. Fagamos un percorrido por todas as tarifas que melloran:

  • plana+10GB: aumenta a 25GB.
  • plana+6GB: sobe a 15GB.
  • plana+5GB: dobra ata os 10GB.
  • 200+8GB: pasa a ter chamadas ilimitadas e 10GB.
  • 200+3GB: incrementa os datos ata os 5GB.

Todo isto, como dicimos, de xeito gratuíto e sen subir prezo. O día 22 de decembro terás aplicada esta mellora.

Melloras de datos nas tarifas R

As tarifas R, para as liñas adicionais, tamén melloran bastante:

  • tarifa R 10GB: sobe a 15GB.
  • tarifa R 5GB: mellora ata os 6GB.

Novas tarifas

Para intentar dar resposta a máis perfís de clientes, dende o 22 de decembro tamén imos comercializar novas tarifas de móbilR. Velaquí as novidades:

  • plana+50GB: 45€/mes.
  • tarifa 500+5GB: 20€/mes. Se tes unha plana 3GB con chamadas ilimitadas e desexas cambiarte a esta, podes facelo sen problema dende a web de clientes a partir do 22/12/2017 (antes non, porque non está aínda dispoñible).
  • tarifa 200+4GB: 16€/mes (con 200 minutos e 4GB de datos).

Como ves, seremos o primeiro operador do mercado en ofrecer en Galicia unha tarifa con chamadas ilimitadas e 50GB de datos. Aí é nada!

Novas tarifas R

No caso de que teñas unha plana+5GB ou superior, como sabes, podes coller varias liñas adicionais a mellor prezo. Pois ben, ampliamos de tres a catro as liñas con tarifas R. E tamén melloramos o noso catálogo:

  • tarifa R 50GB: 36€ (só se pode solicitar se na liña principal tes outra con 50GB).
  • tarifa R 10GB: 16€ (só se pode solicitar se na liña principal tes outra con 10GB ou superior).
  • TR 150 3GB: 9€ (con 150 minutos e 3GB de datos).

Se desexas contratar algunha liña, podes facelo dende tenda R > contratar liñas móbilR. Lembra que o día 22 xa terás estas melloras aplicada nas tarifas que indicamos arriba.

De 50 a 60 megas

Por outra banda, tamén faremos cambios no internet fixo da túa casa ou negocio. Dende o 22 de decembro a velocidade mínima que ofreceremos en internet será de 60 megas. De xeito, se tes 50 megas contratados na rede fixa, verás mellorada a túa velocidade nun 20% tamén sen ningún aumento no prezo.

Só tes que comprobar na web de clientes que o teu router é compatible (se non o é, na web xa tramitamos o cambio sen custo). E tamén é moi importante que o día 22 de decembro reinicies o equipo para coller a nova conexión.

Agardamos que che gusten todas estas melloras. Insistimos, son totalmente gratuítas para ti. Con elas queremos darche as GRAZAS por facer realidade, case 20 anos despois, aquel pequeno proxecto que pensamos para Galicia. Grazas por seres parte da nosa historia e por estar aí.

Un saúdo!

Imaxe de Andrew Neel