R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

10/04/2018 | News release | Distributed by Public on 10/04/2018 03:52

Entradas para o Breogán – Estudiantes

En Restamos comprometidos co baloncesto galego, e agora precisámoste a ti para animar o Breogán dende a bancada.

Se che gusta o baloncesto e es fan do equipo lucense, segue lendo, porque isto interésache!

Temos sete entradas dobres, unha tripla e catro con corredor de benvida aos xogadores. Todas elas VIP!

Nesta ocasión o Breogán enfróntase ao Estudiantes! E o do sábado 13 promete ser un partido dos que non te deixan indiferente. Non te podes perder esta ocasión, verdade?

Para os nenos

Os nenos que opten á opción con corredor de benvida a xogadores poderán recibir o equipo no saúdo aos xogadores previo ao partido.

Pode participar calquera neno entre os 5 e os 14 anos. Ademais recibirán unha camiseta para recordar un día tan especial.

Como participar

Para participar só tes que responder a pregunta que facemos neste formulario. Non esquezas botarlle un ollo ás bases legais. E recorda que tes ata o martes 9 de outubro para participar.

Os gañadores serán publicados no blog cando queden resoltas todas as prazas. Se resultas gañador recibirás un correo electrónico con toda a información.

Moita sorte!