Results

R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

08/02/2019 | News release | Distributed by Public on 08/02/2019 08:17

Catro novas canles de cine en tv familia

Ola. Hoxe queremos contarche unha mellora que acabamos de realizarlle a todos os clientes que teñen tv familia contratada.

Como sabes, ese paquete de televisión conta con moitas series, documentais, deportes e música. En canto a canles exclusivamente de cine contaban con Hollywood, TCM, Paramount Comedy e Play-Doc TV. Pois ben, fixemos unha mellora automática que xa podes desfrutar. Agora en tv familia tes catro novas canles de cine. Repasámolas.

Sundance TV

Trátase dunha canle centrada no cine calidade e independente. Como o seu nome indica, está relacionada co famoso festival de cine de Sundance. Pero, non só iso. Agora, en agosto, ofrecerá unha selección cos títulos premiados e nominados na Mostra de Venecia. E tamén tes grandes series, como Janeth King ou La Tregua.

Tes a canle no dial 9 en Galicia e no dial 42 en León e Cantabria.

XTRM

A canle XTRM está especializada no cine de acción. Se che gustan as pelexas, as persecucións, golpes e o thriller, gustarache o que ofrece. En agosto emitirá películas como Colombiana, Perdita Durango, Cash, Parásito, La guerra de los mundos, Woochi, cazador de demonios ou The Chaser, que despois terás dispoñibles en rebobina.

Podes desfrutalo no dial 6 en Galicia e no dial 43 en León e Cantabria.

Somos

Se hai un sitio onde podes ver sen parar películas clásicas españolas, ese é Somos. É o noso cine máis popular. A canle de encontro deses filmes de toda a vida, con grandes actores, nenos prodixio e un sorriso sempre ao final. En agosto, por exemplo, tes un especial coa filmografía de Carmen Sevilla.

Somos está no dial 8 en Galicia e no dial 45 en León e Cantabria.

Dark

Tensión, medo, horror, terror, berros na noite… Iso e moito máis é Dark. Películas e máis películas desas nas que non queremos mirar, pero non podemos evitar facelo. Por certo, tamén ofrece series. E, a partir das 12 da noite, a programación que ofrece é para adultos (si, desa clase).

Podes atopar esta canle no dial 12 en Galicia e no dial 44 en León e Cantabria.

Un saúdo!