R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

10/31/2018 | News release | Distributed by Public on 10/31/2018 05:46

Series que non debes perder en novembro

Chega novembro e con el novas caras á televisión R. Vellos coñecidos tamén volven con novos episodios. Contámosche o máis destacado en canto a series para novembro.

'House of Cards'

Chegou o final. Chegou o momento de Claire Underwood. 'House of Cards' estrea a súa última tempada, a sexta, o sábado 3 de novembro. Tras anos esperando a súa oportunidade e ata enfrontándose en varias ocasións ao seu home Frank, presidente dos Estados Unidos, Claire consegue o que ansiaba. En Movistar Series (dial 30).

'S.W.A.T. Los hombres de Harrelson'

AXN (dial 21) estrea o luns 5 de novembro, ás 22:05 h, a segunda tempada de 'S.W.A.T. Los hombres de Harrelson'. A tempada comeza na metade dunha persecución levada a cabo por Daniel Harrelson e o seu equipo tras un grupo criminal de tráfico humano e que se ve truncada por un gran desastre. Mentres tanto, Chris busca arranxar as cousas entre 'Street' e 'Hondo'.

'Unidad de Investigación'

Chega a calle 13 (dial 23) o equipo de elite na investigación criminal. En Francia, cada cidade importante ten a súa Unidade de Investigación. Cada vez que ocorre un asasinato, unha desaparición ou outros crimes, este equipo de elite da policía intervén. Estrea o luns 5 de novembro ás 20:00 h.

'Outlander'

A cuarta entrega de 'Outlander' adapta o cuarto libro da saga de Diana Gabaldón, 'Tambores de otoño', que traslada a acción ás colonias americanas de Inglaterra, en concreto ás montañas de Carolina do Norte, o único refuxio seguro para os que chegan de terras escocesas. Estrea o luns 5 de novembro en Movistar Series (dial 30).

'Blood Drive'

O mércores 7 de novembro, ás 22:55 h, XTRM (dial 6) estrea a serie 'Blood Drive', unha serie surrealista, entretida, crítica e sarcástica, non apta para estómagos delicados. Arthur Bailey é un ex policía que no transcurso dunha investigación se ve obrigado a unirse a unha carreira clandestina polo país en coches que usan sangue humano como combustible.

'FBI'

O 8 de novembro, ás 22:15 h, TNT (dial 22) estrea 'FBI'. A oficina máis movida do FBI na Gran Mazá é o escenario no que os axentes Maggie Bell e Omar Adom 'OA' Zidan se enfrontan ás ameazas do terrorismo e do crime organizado.

'Seal Team'

FOX (dial 20) estrea o xoves 8 de novembro, ás 22:50 h, a segunda tempada de 'Seal Team', a serie que combina o drama e a acción para retratar as vidas dos membros dun grupo de elite integrado nos Navy Seals. Nos novos episodios, Jason terá que enfrontarse a unha decisión moi importante con respecto ao seu futuro e ao do seu equipo.

'Estación 19'

A segunda tempada de 'Estación 19' estréase o xoves 8 de novembro ás 23:00 horas en FOX Life (dial 28). En Seattle, preto do Hospital Grey Sloan Memorial de 'Anatomía de Grey', atópase o parque de bombeiros de 'Estación 19'. Nesta ocasión, enfrontaranse a novos retos, como loitar contra un incendio dentro dun rañaceos mentres que a saúde de Pruitt está en grave perigo.

'Navy: Investigación Criminal'

En novembro, tamén volve a AXN (dial 21) unha das súas series máis icónicas: 'Navy: Investigación Criminal'. A décimo sexta tempada estréase o luns 12 ás 22:55 h. A acción retómase un mes despois do secuestro do director Vance. Gibbs é nomeado responsable da unidade mentres o resto do equipo procura por todo o mundo algunha pista acerca do seu paradoiro.

'Jamestown'

Dos creadores de 'Downton Abbey', chega a COSMO (dial 25) 'Jamestown', nova e sorprendente serie que segue a vida de tres mulleres mentres se enfrontan ao desafío de instalarse nunha fermosa terra prohibida. No século XVII, na impresionante e incontrolada terra salvaxe de Virginia, aséntase a colonia británica de Jamestown. Estrea o martes 13 de novembro ás 22:00 h.

'Mom' y 'Black Ish'

Risas en TNT (dial 22) por partida dobre o xoves 15 de novembro a partir das 18:20 h coa estrea das novas tempadas de 'Mom' e 'Black Ish'. En ' Mom', Christy continúa perseguindo o seu soño de converterse en avogada mentres que Bonnie segue tentando forxar unha relación romántica e saudable co seu prometido Adam. Doutra banda, a quinta entrega de 'Black Ish' chega con ascensos laborais, novos proxectos e fillos cada vez máis maiores que provocarán todo tipo de situacións incontroladas.

'Las Kardashian'

'Las Kardashian' tamén volven a FOX Life (dial 28) coa súa décimo quinta tempada o martes 13 de novembro ás 23:50 h. Os novos episodios comezarán cunha gran discusión entre Kourtney e Kim, tras confesar Kourtney que realmente non quere estar no programa e que prefire dedicarse á súa familia.

'Scape at Dannemora'

Benicio del Toro interpreta a Richard Matt, a mente pensante tras a idea da fuga. Paul Dano es David Sweat, condenado polo asasinato dun policía, que se converte no remiso compañeiro de fuga de Richard. Patricia Arquette é Tilly Mitchell, muller de clase traballadora, nai e esposa, empregada na prisión e que termina involucrándose nunha relación clandestina con ambos os dous prisioneiros ata chegar a un acordo para axudalos a escapar. Eles son os protagonistas de 'Scape at Dannemora', serie que chega a Movistar Series (dial 30) na madrugada do domingo 18 ao luns 19 de novembro.

Preparados para uns bos maratóns de series en novembro?