Ayuntamiento de Ourense

01/08/2019 | News release | Distributed by Public on 01/08/2019 12:38

Subvencións para actividades das asociacións de nais e pais

O Concello de Ourense abre o prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria de subvencións que darán apoio a federacións e asociacións de nais e pais para desenvolver actividades e proxectos pedagóxicos durante o presente curso escolar.

A convocatoria está dotada cun orzamento de 17.650 euros. Poderán solicitar as subvencións as federacións e asociacións de nais e pais de centros escolares con domicilio social no Concello de Ourense e que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Ourense. As solicitudes deberanse presentar por sede electrónica. O prazo estará aberto ata o día 25 de xaneiro.

Documentación para presentar a solicitude: ANEXOS__subv_APAs_2018_19.odt.pdf

Bases da convocatoria publicadas no BOP de 18 de decembro de 2018

Convocatoria publicada no BOP de 4 de xaneiro de 2019