Universidade de Santiago de Compostela

04/12/2017 | News release | Distributed by Public on 04/12/2017 03:24

O luns 17 as bibliotecas de Santiago e Lugo comezan o seu período de apertura en horarios extraordinarios

[Attachment]
O próximo luns 17 comeza o período de apertura en horarios extraordinarios das bibliotecas de Santiago e Lugo

O luns 17 comezará o período de apertura de bibliotecas en horario extraordinario tanto en Santiago como en Lugo, con máis dun mes de antelación ao período de exames que comeza o día 23 de maio.

Do 17 de abril ao 1 de maio
Na primeira quenda de apertura en horario extraordinario, dende o 17 de abril ao día 1 de maio, permanecerán abertas de luns a venres as bibliotecas Concepción Arenal de Santiago e a Intercentros do Campus de Lugo de 8.30 a 3.00 horas de xeito ininterrompido e de 10.00 a 3.00 horas en fins de semana e festivos, períodos estes últimos nos que se sumará a maiores a Sala de Lectura de Dereito, á que se poderá acceder de 10.00 a 22.00 horas.

Do 2 de maio ao 8 de xuño
A partir do 2 de maio a Biblioteca Concepción Arenal permanecerá aberta 24 horas ao día de xeito ininterrompido ata o día 8 de xuño. Ademais, a Intercentros de Lugo manterá as súas portas abertas dende as 8.30 (a partir das 9.00 horas dende o 1 de xuño) ata a 3.00 horas. En fin de semana e festivos, o seu horario extraordinario será de 10.00 a 3.00 horas.

Ademais, a Facultade de Ciencias Económicas e a Sala de Lectura de Dereito reforzarán esta oferta en fins de semana e festivos, períodos nos que abrirán de 10.00 a 22.00 horas, igual que a Biblioteca Xeral. Esta última, entre o 22 de maio e o 2 de xuño, ademais de nas fins de semana e festivos tamén abrirá de luns a venres de 8.30 a 3.00 horas.

Do 9 de xuño ao 13 de xullo
Nesta quenda en xuño, as bibliotecas Intercentros do Campus de Lugo e Concepción Arenal abrirán de luns a venres dende as 9.00 ata as 3.00 horas e en fins de semana e festivos entre as 10.00 e as 3.00 horas.

Ademais, dende o 14 de xuño e ata o 1 de xullo sumarase o reforzo da Sala de Lectura da Facultade de Dereito en fins de semana e festivos de 10.00 a 22.00 horas.