R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

04/12/2017 | News release | Distributed by Public on 04/12/2017 09:25

Taller de robótica no Barco de Valdeorras con crea R

Ola.

En Rqueremos premiar a túa fidelidade como cliente mimando precisamente os que máis queres.

É por iso que nace crea R, un proxecto de emprendemento para nenos de 7 a 15 anos. Trátase dunha serie de talleres gratuítos, pensados para que se divirtan ao máximo, mentres sacan ese xenio que levan dentro. Son obradoiros que realizaremos en distintos concellos de toda Galicia, así que atento.

Robótica

No caso do Barco de Valdeorras, a actividade será o sábado 29 de abril, cun taller de robótica.

Os cativos crearán un prototipo tecnolóxico, empregando placas e materiais reciclados. A idea é que desenvolvan e potencien a súa creatividade, que esperten o se espírito emprendedor, que traballen en equipo, que se comuniquen e aumenten a súa seguridade en si mesmos. Todo isto, a través do innovador método Líbolis.

Horarios

Estes son los horarios dos talleres no Barco:

  • Para nenos de 7-8 anos: de 10 a 12h
  • Para nenos de 9-11 anos: de 12 a 14.00h
  • Para nenos de 12-15 anos: de 16.30 a 18.30h

Cada taller está limitado a 20 nenos, co que non tardes en reservar a túa praza. Para iso só tes que ir á tenda Rdo Barco, na rúa Conde Fenosa, 6. Alí xa che entregamos os convites. Deixámosche tamén o teléfono da tenda: 988.682.445
.

Un saúdo.