Universidade de Santiago de Compostela

04/12/2017 | News release | Distributed by Public on 04/12/2017 04:17

O Observatorio Astronómico da USC organiza unha sesión pública de observación no paseo de Silgar en Sanxenxo

Persoal do Observatorio Astronómico Ramón María Aller realizará este mércores 12 unha sesión pública de observación astronómica con telescopios no paseo de Silgar en Sanxenxo (Pontevedra). Esta é unha iniciativa que forma parte das actividades de TodoCosmos, programa de divulgación astronómica que desenvolve o Observatorio da USC co financiamento da FECYT.

A sesión deste mércores en Sanxenxo comezará ás 22.00 horas e permitirá observar, entre outros obxectos, o planetas Xúpiter, unha estrela dobre e a nebulosa de Orión.