R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

10/03/2017 | News release | Distributed by Public on 10/03/2017 04:04

COSMO regala experiencias gastronómicas aos clientes R grazas a MasterChef USA

COSMO (dial 25) regala catro experiencias gastronómicas aos clientes de Rpara celebrar a estrea da nova tempada de MasterChef Usa.

Cada smartbox, valorada en 149 €, inclúe unha cea para dúas persoas nunha adega entre un dos 29 restaurantes que posúen Estrella Michelín en España. Non entra ningún local galego, pero de seguro que nunha escapadiña podemos ir ata algún dunha rexión próxima.

Para conseguir unha destas experiencias tes que enviar un correo a [email protected] indicando no asunto 'COSMO_gastronomía con estrella' e responder á seguinte pregunta: 'Que prato galego lle pedirías a Gordon Ramsay que che cociñase para ti e por que?'

Recorda incluír no correo o nome, apelidos e DNI do titular do contrato de R.

Tes de prazo ata o luns 9 de outubro para participar e lembrámosche que a experiencia non inclúe os gastos de viaxe e a estancia. Bases legais

Tempada 8 de MasterChef USA

O vindeiro martes 10 de outubro ás 21:15 horas estréase a tempada 8 de MasterChef USA en COSMO (dial 25).

Nesta edición os corenta mellores cociñeiros do país americano competirán por conseguir o mandil branco de mellor chef. Os concursantes terán que presentar os seus pratos a un xurado moi esixente, o chef Gordon Ramsey, a reposteira Christina Tosi e o cociñeiro italiano Aaron Sánchez.

De luns a xoves ás 21:15 horas non perdas detalle desta nova edición de MasterChef USA en COSMO (dial 25).