R Cable y Telecomunicaciones Galicia SA

05/24/2023 | News release | Distributed by Public on 05/24/2023 00:44

Bono social de internet en Galicia

Para que as familias con menos recursos non queden atrás e teñan acceso a internet, a Xunta de Galicia e máis Rpoñen á súa disposición o bono social de internet ou bono dixital. Unha axuda de 240€ ao ano, que grazas a Rconvértese en indefinida a través de Internet Compromiso.

Con esta iniciativa social, os colectivos vulnerables terán acceso a unha conexión simétrica dende 300 Mb nos seus fogares e wifi de altas prestacións.

Entérate de onde se solicita o bono dixital de internet da Xunta de Galicia, como podes ampliar o desconto de 20€ de forma indefinida con Internet Compromiso deRe que requisitos hai que cumprir para beneficiarse desta axuda.

Que é o bono dixital da Xunta de Galicia

É un desconto de 20€ ao mes durante un ano que ofrece a Xunta de Galicia para que as persoas con poucos recursos poidan acceder a internet de calidade.

En R, ademais de ser provedores deste servizo tan importante para as familias máis vulnerables, damos a opción de ampliar o desconto de forma indefinida pasados os 12 meses de vixencia do bono dixital do goberno galego a través de Internet Compromiso.

Desta maneira, cando finalice o desconto da Xunta, seguirás pagando o mesmo.

Quen pode beneficiarse do bono social de internet

Se estás interesado en solicitar o bono dixital da Xunta de Galicia debes acreditar que es beneficiario da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) ou do Ingreso Mínimo Vital (IMV) en Galicia.

E no caso de que queiras contratar Internet Compromiso deRpara ampliar o desconto e facelo indefinido, debes ser beneficiario do bono dixital da Xunta, da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) ou do Ingreso Mínimo Vital (IMV) en Galicia.

Que internet tes co bono dixital en Galicia

Para que poidas gozar de acceso a internet por fibra ata o teu fogar, en Rinstalámosche unha conexión simétrica de 300 Mb, 600 Mb ou 1 Gb.

Ademais, poñeremos na túa vivenda unrouter wifi de altas prestacións para darche o mellor servizo. Porque o noso compromiso é que teñas ao teu alcance unha conexión de internet de calidade.

Onde se solicita o bono dixital da Xunta

Se non es cliente de R, xa podes solicitar o bono dixital da Xunta de Galicia na sede electrónica https://sede.xunta.gal.

Aí poderás achegar a documentación necesaria para ser beneficiario/a da axuda do goberno galego.

Unha vez validado o bono, daranche un código que cómpre introduzas no formulario que creamos na nosa web. Explicámoscho todo polo miúdo en mundo-r.com/compromiso.

Onde podes contratar Internet Compromiso de R

O bono dixital da Xunta de Galicia só está dispoñible para novos clientes de R. Pero se xa es de R, podes contratar Internet Compromiso e beneficiarte do desconto de 20€ de forma indefinida.

Achégate a unha tenda R e pregunta por Internet Compromiso ou chámanos ao 1449 para que che axudemos a contratar o servizo e responder as túas dúbidas.

Esperamos que esta iniciativa social de Rche resulte de grande axuda.