Ayuntamiento de A Coruña

11/05/2023 | Press release | Distributed by Public on 11/05/2023 03:38

O Concello inicia este mes un novo curso de soldadura con electrodo para persoas desempregadas

Cando:

5 de novembro de 2023

O Concello inicia este mes un novo curso de soldadura con electrodo para persoas desempregadas

Conta cunha duración de 761 horas que comezarán a impartirse o vindeiro 20 de novembro, finalizando o 24 de maio de 2024

O Concello da Coruña porá en marcha este mes un novo curso de soldadura con electrodo para persoas en situación de desemprego. A formación forma parte da programación posta en marcha polo Goberno de Inés Rey a través do Centro Municipal de Emprego dos Rosales co obxectivo de dar recursos formativos e fomentar a empregabilidade no termo municipal.

O curso correspóndese coa obtención do Certificado de profesionalisade de soladura con electrodo revestido e TIG. Consta de 761 horas impartidas en turno de mañá, de 8.00 a 14.30 horas. Comezará o vindeiro 20 de novembro e rematará o 24 de maio do próximo ano. Impartirase nos Rosales e consta de 15 prazas.

O programa de contidos deseñado para o curso consiste nun primeiro módulo básico de Prevención de Riscos Laborais e específica de metal que ten unha duración de 66 horas. Logo impartiranse os dos módulos de soldadura: Soldadura con arco eléctrico con electrodos revestidos (400 horas) e soldadura con arco baixo e gas protector con electrodo non consumible (TIG) con 240 horas.

O curso contén ademais un módulo de práticas profesionais non laborais de 40 horas para que o alumnado poida poñer en práctica de forma continuada o aprendido nas aulas formativas. Posteriormente realizarase un módulo formativo de 15 horas sobre trámites coa administración a través de internet.