Ayuntamiento de A Coruña

04/10/2024 | Press release | Distributed by Public on 04/11/2024 02:02

ACOREUROPA XII: Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e non admitidas ao proceso de selección

Cando:

10 de abril de 2024

ACOREUROPA XII: Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e non admitidas ao proceso de selección

Ábrese un prazo de presentación de reclamacións de cinco días hábiles, dende o 11 ao 17 de abril de 2024

Publícase a listaxe provisional das persoas admitidas e non admitidas para participar na selección do PROGRAMA DE BOLSAS FP-PROXECTO ACOREUROPA XII, organizado pola Concellaría de Educación do Concello da Coruña, en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e os 9 centros docentes asociados.

Ábrese un prazo de presentación de reclamacións de cinco días hábiles, dende o 11 ao 17 de abril de 2024, para que, no caso que corresponda, se poidan realizar alegacións sobre a base da documentación presentada.

Ditas alegacións deberán ser presentadas en calquera dos rexistros municipais (situados no Pazo municipal de María Pita, Forum Metropolitano e Ágora) ou en calquera das dependencias a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Unha vez examinadas as alegacións, publicarase a listaxe definitiva de persoas admitidas e non admitidas, a partir do 23 de abril.

Calquera aclaración ou consulta pódese facer no correo [email protected] ou no teléfono 981 184 200, extensión 10259 (en horario de 9.00 a 14.00h).